lunes, 14 de noviembre de 2011

Xurxo Chirro levará “A Guarda na memoria” ao Cineuropa


O vindeiro 16 de novembro, ás 21h15, vai ter lugar no auditorio do CGAC unha sesión especial de do Festival Cicineuropa de Santiago dedicado a memoria histórica da vila da Guarda. Nela o protagonismo recairá en tres películas que o veciño da Guarda, Xurxo Chirro, realizou sobre o tema.

A sesión gravitará sobre a mediometraxe 36/75, un mediometraxe que percorre os espazos da Guarda no que aconteceron os episodios máis importantes arredor dos primeiros meses da Guerra Civil. Este filme acompañarase coa curtametrxe titulada Brasilino, que acaba de gañar o terceiro premio Socialcine da Coruña 2011, e que volve a vista atrás ao que lle aconteceu ao último alcalde republicano da Guarda. Finalmente, a sesión rematará cun material extra, Emilio, unha entrevista a un veciño da Guarda, o Muchila, que refrescará a súa memoria para darnos conta do ambiente que imperou alén da metade do ano 36.

“A Guarda na memoria” era un proxecto moi ambicioso que Xurxo Chirro intentou promover en 2006 no Concello da Guarda onde se xuntarían distintos creadores locais da Guarda para dar a súa visión sobre o acontecido arredor da Guerra Civil. Neste proxecto sería un punto de encontro de disciplinas (música, cine, poesía, fotografía, artes plásticas, banda deseñada, investigadores) que proxectarías distintas perspectivas sobre o pasado traumático da vila. Unha reflexión desde o mundo da arte e o coñecemento para exhortizar medos e buscar as pontes que axuden a comprender o pasado e a paliar os retrousos do presente.

Malia non materializarse o proxecto Xurxo Chirro comezou a facer unhas grabacións ao respecto que foi rematando co paso do tempo. Finalmente estas gravacións verán a luz no marco do Centro Galego de Arte Contemporáneo dentro da programación do Cineuropa. Unha sesión que, segundo Xurxo Chirro: “agarda poder facela algunha vez na súa vila natal”.

domingo, 18 de septiembre de 2011

De barrio: A Cruzada

Longo travelling (moral) de caracter rememorativo polas rúas que conforman o barrio da Cruzada. Un percorrido rápido polo trazado viario tradicional. Unha volta polo principio do mundo, polo escenarios do devir das ledicias e tristezas. Unha vista deixando atrás Os Chanfreiros, O Carrril, As Peneiras, San Queitano, A Punta da Cruzada, O Marouco, A Cal, O Palomar, A Malata, O Canal...